Friday 17 de May de 2024

Asemblea aberta este xoves en Mera para elixir outros tres candidatos


O vindeiro xoves 17 de novembro, ás 20 horas, celébrase no Local social da Lagoa de Mera unha nova asemblea aberta para escoller tres persoas para formar a candidatura de Alternativa nas próximas municipais. É un proceso totalmente democrático e aberto á participación de todos os veciños e veciñas no que calquera cidadán pode presentarse.

Nas asembleas celebradas en Dexo, Dorneda e Nós os veciños e veciñas participantes elixiron a Rosa Méndez, Igor Pérez, María José Varela, José Manuel Caridad, Juan Fernández, Belén Taboada, Antonio Molinos e Óscar Brandariz.